Vacinación fronte ao virus do papiloma humano (VPH) en Galicia (nota informativa) - Xaneiro 2016

Vacinación fronte ao virus do papiloma humano (VPH) en Galicia (nota informativa) - Xaneiro 2016

Nota aclaratoria sobre as cohortes a vacinar fronte ao VPH-Xaneiro 2016

 
VACINACIÓN FRONTE AO VIRUS DO PAPILOMA HUMANO (VPH) EN GALICIA
 
 
A resolución do 19 de marzo de 2015 (DOG número 66, do 9 de abril do 2015) actualizou o calendario de vacinación infantil do Programa Galego de Vacinación, no que se especifican os cambios a realizar dentro do mesmo.
 
En canto a vacinación fronte ao VPH (Virus do papiloma humano), debe terse presente que estas modificacións entran en vigor dende o 1 de xaneiro deste ano e conlevan:
 
• ANO 2016: vacinaranse exclusivamente
- As nenas nacidas no ano 2004 a medida que vaian cumprindo 12 anos.
- As nenas nacidas no ano 2002 segundo vaian cumprindo os 14 anos.
• ANO 2017: vacinaranse
- As nenas nacidas no ano 2005 a medida que vaian cumprindo 12 anos.
- As nenas nacidas no ano 2003 segundo vaian cumprindo os 14 anos.
• ANO 2018: queda establecida a vacinación aos 12 anos.
 
 
Pauta de vacinación: dúas doses (0/6 meses).
 
Estas indicacións deberán cumprirse para garantir o acceso e a dispoñibilidade de vacinas, de acordo co actual calendario de vacinación vixente na nosa Comunidade, evitando que se administren pautas ou doses en idades non recomendadas ou problemas loxísticos por rotura de stocks.
 
 
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2016