O 29 de xuño de 2026 iniciouse a fase de pilotaxe do novo módulo de Rexistro de
Vacinación (RVACU) na Historia Clínica IANUS, deseñado para
facilitar e mellorar o rexistro das vacinacións realizadas nos
centros sanitarios.
A
posta en funcionamento de RVACU incorpora novas posibilidades para o
rexistro e a consulta da información vacinal:
- Rexistro
de vacinas administradas fóra de Galicia, incluíndo as recibidas
noutras comunidades autónomas, no estranxeiro ou no ámbito do
Ministerio de Defensa, permitindo identificar correctamente o lugar
no que se realizou a vacinación e evitando que estas administracións
figuren como realizadas no sistema sanitario galego.
- Rexistro de
vacinas non financiadas, permitindo incorporar á historia clínica a
información sobre vacinas administradas aínda que non formen parte
do Programa galego de vacinación.
- Rexistro de vacinacións
históricas, facilitando a incorporación de información sobre
vacinas recibidas con anterioridade e contribuíndo a completar o
historial vacinal da persoa.
- Configuración de campañas de
vacinación, que facilita o rexistro das administracións ao permitir
predefinir o produto vacinal e o lote, evitando que os profesionais
teñan que introducir estes datos en cada rexistro.
- Descarga do
informe de vacinación desde o propio aplicativo, dispoñible en tres
idiomas (galego, castelán e inglés) e con diferentes formas de
presentación da información, tanto por produto vacinal como por
enfermidade, facilitando a consulta e o acceso á información
vacinal por parte dos profesionais e das persoas usuarias.
Para
facilitar o uso do novo módulo, os profesionais dispoñen dunha guía
rápida de utilización, na que se recollen as principais
funcionalidades e os aspectos necesarios para realizar correctamente
o rexistro (ligazón).
Esta
implantación supón un paso máis na mellora e evolución do sistema
de rexistro da vacinación en Galicia, facilitando o traballo dos
profesionais e contribuíndo a dispoñer dun rexistro máis completo
e fiable das vacinacións realizadas.
NOVO CASO DE FEBRE HEMORRÁXICA CRIMEA CONGO EN SALAMANCA
O
13 de agosto de 2026 o Centro de Coordinación de Alertas e
Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade (CCAES) comunicou a
confirmación dun novo caso de febre hemorráxica polo virus
Crimea-Congo (FHCC). Trátase do cuarto caso confirmado de FHCC a
nivel estatal no 2026, 3 casos en Castela e León e un caso en
Castela-A Mancha. O último caso foi un home de 71 anos cuxa
exposición máis probable foi a picadura dunha carracha nas dúas
semanas previas ao inicio dos síntomas nunha zona rural da provincia
de Salamanca preto de onde se detectaran casos con anterioridade.
Dende o 2016, rexistráronse en España un total de 23 casos e 7
falecementos por FHCC (ver apéndice).
Ante
estes achados, cómpre ter en conta a posibilidade da aparición
desta enfermidade nunha persoa que viaxase á zona de España
comentada e lle picase unha carracha e lembrar as actuacións a
seguir.
Cando
unha persoa consulta nun centro sanitario por unha picadura de
carracha, o manexo clínico será o habitual, advertindo de que
consulte de novo se ten febre.
En
Galicia a FHCC non se atopa entre as enfermidades máis frecuentes
das transmitidas por carrachas e ata o de agora non de detectou
ningún caso autóctono desta enfermidade.
Non
obstante, ante unha persoa con febre repentina (≥39ºC) OU
aparición brusca de polo menos dous dos seguintes síntomas:
cefalea, dor muscular xeneralizado, conxuntivite, dor abdominal,
náuseas, vómitos ou diarrea, que refire picadura de carracha nos 12
días antes do inicio dos mesmos, as actuacións serán as seguintes:
-
Realizar
seguimento. para descartar a aparición de manifestacións
hemorráxicas nos 5 días despois do inicio de síntomas ou nos 9
días tras a picadura.
- De
aparecer manifestacións hemorráxicas avisarase urxentemente ao 061
e ao SAEG para informar da sospeita dun caso de FHCC.
- Proporcionarase
unha máscara cirúrxica ao doente que deberá ter posta ata o seu
illamento no hospital de referencia.
Na páxina web da Dirección Xeral de Saúde Pública pódese consultar o protocolo de vixilancia da FCHH (ligazón).
Aproveitamos para recordar a posibilidade de envíar a carracha para a súa identificación a través da Rede Galega de Vixilancia de Vectores (REGAVIVEC), ademáis da dispoñibilidade da aplicación Garrapata Alert [Venres].

NOVO MÓDULO DE REXISTRO DE VACINACIÓN (RVACU) EN IANUS
A
imaxe que acompaña esta publicación permite visualizar a nova
pantalla do módulo de RVACU en IANUS e as súas principais
funcionalidades.

NOVO CASO DE FEBRE HEMORRÁXICA CRIMEA CONGO EN SALAMANCA
Se queres subscribirte ou darte de baixa dos envíos do venres epidemiolóxico
envía un correo co asunto “alta” ou “baixa” á seguinte dirección de correo: venres.epidemioloxico@sergas.es
