Numero 2: A hepatite A en Galicia durante o período 2024-2025. Perda do estatus de eliminación do sarampelo en España

Numero 2: A hepatite A en Galicia durante o período 2024-2025. Perda do estatus de eliminación do sarampelo en España

A HEPATITE A EN GALICIA DURANTE O PERÍODO 2024-2025 

Entre 2024 e 2025 observouse en Galicia un incremento relevante da hepatite A, con 33 casos en 2024 e 101 en 2025, por riba da mediana do período previo. A incidencia foi maior en homes, especialmente de 15-44 anos, e un 30% dos casos podería estar relacionado con prácticas sexuais con outros homes. A distribución por idade variou respecto a períodos sen exceso de casos. Ademais, identificáronse 19 abrochos, principalmente familiares. Recoméndase reforzar a vacinación en viaxeiros a zonas endémicas, grupos con condutas de risco e contactos estreitos, así como promover a profilaxe postexposición segundo o protocolo vixente.



PERDA DO STATUS DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO EN ESPAÑA


En xaneiro de 2026 a OMS confirmou que España perdera o estatus de eliminación do sarampelo debido ó posible restablecemento da transmisión endémica. O contexto internacional tamén mostra retrocesos na eliminación desta enfermidade. O aumento de casos iniciouse en 2023, ligado a casos importados desde países con alta circulación viral e afectando principalmente a persoas non vacinadas ou con pauta incompleta. En Galicia, a incidencia mantense baixa. As prioridades nesta situación inclúen alcanzar coberturas vacinais superiores ao 95%, reforzar a sospeita clínica e garantir a notificación e investigación rápida dos casos, aparellada con medidas de illamento e profilaxe.