Conmemoración do Día EUROPEO DO USO PRUDENTE DE ANTIBIÓTICOS
18 DE NOVEMBRO DE 2025
As
resistencias aos antimicrobianos (RAM) representan unha seria ameaza
global pola diminución da eficacia dos antibióticos e o aumento de
infeccións difíciles de tratar. No marco da Semana Mundial de
Concienciación sobre o Uso dos Antimicrobianos, destácase a
importancia dun uso prudente destes fármacos. Para apoiar aos
profesionais, o PRAN ofrece ferramentas como a Guía Terapéutica
Antimicrobiana, mentres que os programas PROA e os
programas Zero contribúen á prevención das RAM dende o ámbito
sanitario. Con todo, previr as RAM é un reto e unha tarefa que
debe implicar a toda a cidadanía galega.