Número 9: O tétano en Galicia 2019-2024. Inicio da onda epidémica do virus sincitial respiratorio(VRS). O estudio SINCIGAL.

Número 9: O tétano en Galicia 2019-2024. Inicio da onda epidémica do virus sincitial respiratorio(VRS). O estudio SINCIGAL.

O TÉTANO EN GALICIA 2019-2024

 
 
Entre 2019-2024 notificáronse en Galicia 5 casos de tétano (incidencia media 0,05/100.000 h.), inferior á do período 2012-2018. O 60% foron homes, cunha idade media de 53,4 anos, máis baixa que no período previo. Houbo un falecemento nunha persoa de79 anos). Ningún caso tiña vacinación completa e a profilaxe postexposición foi tardía ou incompleta. A seroprevalencia protectora descende claramente a partir dos 50 anos. Resáltase que o tétano é prevenible mediante un calendario vacinal completo e o control sistemático do estado vacinal ante feridas.
 

INICIO DA ONDA EPIDÉMICA DO VIRUS SINCITIAL RESPIRATORIO (VRS). O ESTUDO SINCIGAL.

 
Na semana 51 de 2025 superouse por segunda semana o 3% de positividade para o VRS en Galicia, indicando o inicio da onda epidémica. En paralelo desenvólvese o estudo SINCIGAL, un ensaio clínico pragmático para avaliar a efectividade da vacina Abrysvo® na prevención de hospitalización e complicacións por VRS en poboación adulta. Explicamos en detalle os criterios de inclusión, asignación de grupos, cronograma e recursos de información adicional sobre o estudo.
 

 

 
​​
​​​​​​