POLIOVIRUS EN AUGAS RESIDUAIS DE CATALUÑA. A VIXILANCIA DA PARÁLISE FLÁCCIDA AGUDA
O pasado 7 de setembro, a rede de
monitorización de augas residuais do departamento de saúde de
Catalunya notificou a detección de poliovirus 3 Sabin-like (derivado
da vacina oral) en dúas estacións depuradoras da rexión do Baix
Llobregat. A investigación epidemiolóxica posterior determinou que
estaba asociado á unha persoa portadora asintomática. A raíz deste
evento, recórdase a importancia da vixilancia da parálise fláccida
aguda en menores de 15 anos para detectar posibles casos de
poliomielite.
CONFINAMENTO DE AVES POR AUMENTO DO RISCO DE GRIPE AVIARIA
Dende o inicio da tempada 2025-2026 de
vixilancia da gripe aviaria vense detectando un aumento dos focos de
influenza aviaria de alta patoxenicidade tanto en aves cativas como
silvestres. Esta situación levou a un aumento do nivel de risco a
nivel nacional e ao establecemento de medidas de confinamento de aves
en todo o territorio. Debido ó potencial pandémico desta doenza
pola posibilidade dunha recombinación coa gripe estacional que
aumente a súa transmisibilidade ós humanos, é fundamental o
reforzo das medidas de prevención e control da transmisión.