Uso prudente dos antibióticos

Uso prudente dos antibióticos

O desenvolvemento das resistencias antimicrobianas é un dos maiores problemas de saúde pública na actualidade.


A World Antimicrobial Awareness Week (WAAW) é unha iniciativa que lidera a OMS e que terá lugar a semana do 18 ao 24 de novembro de 2021. O principal obxectivo desta semana é aumentar a conciencia mundial sobre a resistencia a estes medicamentos e promover as mellores prácticas entre a poboación, os profesionais sanitarios, os prescritores e os responsables de políticas sociais para evitar a aparición e propagación da resistencia aos antimicrobianos.


En tempos de COVID, non hai que esquecer a resistencia aos  antimicrobianos. Permanecer unidos para preservar os antimicrobianos.



Que podemos facer para evitar as resistencias?

  • Tomar antibióticos só cando se prescribiron polo médico
  • Seguir as indicacións do médico en canto á dose e duración do tratamento con antibióticos
  • Non tomar nunca antibióticos por recomendación doutras persoas ou por prescrición para infeccións anteriores.
  • Cumprir a vacinación segundo o recomendado polos médicos
  • Lavar frecuentemente as mans con auga e xabón