Nestas unidades facilítase información á cidadanía sobre os efectos das distintas drogas, asi como sobre os factores de risco e protección a ter en conta para poder evitar as adiccións con e sen substancia. Tamén realizan programas de prevención nos ámbitos escolar, familiar, xuvenil e laboral, asi como informar sobre uso axeitado das novas tecnoloxías, redes sociais, internet e videoxogos.