Tose Ferina

Tose Ferina

A tose ferina é unha infección aguda das vías respiratorias causada pola bacteria Bordetella pertussis, patóxeno exclusivamente humano que se transmite por un contacto estreito coa persoa infectada.

Os casos con tose ferina, confirmada ou sospeitosa, deben tratarse con antibiótico o máis pronto posible, e os nenos deben ser excluídos de centros infantís e garderías durante 5 días a contar dende o comezo do tratamento. O mesmo hai que facer cos casos que traballan nestes centros.

Ademais, e unha vez que se recuperen da súa enfermidade aguda, os casos non vacinados previamente ou os casos ata os 7 anos de idade parcialmente inmunizados, deben completar a vacinación primaria e a dose de recordo segundo calendario vacinal.

O manexo dos casos e os contactos de tose ferina pódese consultar nas ligazóns de abaixo.
​​​​​​​​​