Programa de Promoción da Saúde no Ámbito Laboral

Programa de Promoción da Saúde no Ámbito Laboral

Con este programa preténdese dar un paso máis na prevención do deterioro da saúde dos traballadores e traballadoras, incidindo no seu estilo de vida e creando unha cultura axeitada de organización saudable.

A promoción da saúde no lugar de traballo reduce a carga das enfermidades relacionadas con este e contribúe á creación de capital social, ao fortalecer á persoa, a título individual, e os recursos organizativos que conducen a súa saúde. Ademais reduce o absentismo relacionado coa enfermidade e aumenta a produtividade e a competitividade.

Así mesmo, unha empresa promotora de saúde é aquela que, ademais de cumprir con todas as medidas de seguridade e de prevención de riscos laborais, se preocupa polo benestar do seu persoal, que é o seu principal activo; apoia de maneira activa a política de promoción da saúde na contorna laboral e fóra dela e está comprometida coa comunidade á que pertence, e coa sustentabilidade. Por todo isto, créase un marco para que a organización acade un liderado centrado no benestar, xere un clima laboral saudable e o persoal perciba as condicións laborais de xeito positivo.