III Seminario cientifico RISCAR. Promoción da saúde na infancia: Un investimento de futuro

III Seminario cientifico RISCAR. Promoción da saúde na infancia: Un investimento de futuro

 

 

xornada_riscar.PNG

 

 

Que é o proxecto RISCAR?

É unha iniciativa de colaboración entre as administracións competentes de Portugal, Galicia, Castela e León, Extremadura e Andalucía. Esta iniciativa persegue reforzar a colaboración interrexional na xestión do coñecemento ligado especificamente aos determinantes da saúde e o benestar infantil, tanto no que concirne á actualización científica dos profesionais como ao fortalecemento das capacidades parentais. O proxecto enmárcase na convocatoria Interreg V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

 

Obxectivos:

• Crear un observatorio de saúde infantil de carácter transfronteirizo (ibérico).

• Apoiar o intercambio de coñecemento e a actualización científica dos profesionais que atenden á saúde na infancia.

• Promover estratexias de apoio ao exercicio positivo da parentalidade.

 

Socios:

• Direção Geral da Saúde de Portugal
• Serviços Partilhados do Ministério de Saúde de Portugal
• Administração Regional de Saúde do Algarve
• Consejería de Salud. Junta de Andalucía
• Consejería de Salud. Junta de Castilla y León
• Consejería de Salud. Junta de Extremadura
• Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia
• Universidad de Cádiz