ReGaViVec ofrece aos concellos a posibilidade de colaborar na vixilancia e recollida de mostras relacionadas coa presenza de mosquitos, contribuíndo así á mellora do coñecemento sobre a súa distribución e ao reforzo das actuacións de saúde pública.
Neste apartado ponse á disposición dos concellos a documentación necesaria para formalizar a súa participación e facilitar a recollida e envío das mostras:
a) Carta de invitación aos concellos para participar coa ReGaViVec.
b) Anexo de comunicación de participación coa ReGaViVec.
c) Ficha de recollida da mostra.