O noso proxecto en 10 minutos: Instrucións e formulario

O noso proxecto en 10 minutos: Instrucións e formulario

“Moitas persoas sorprenderíanse ao saber que non foron os médicos nin os hospitais, senón as corporacións locais, quen en maior medida contribuíron a mellorar a saúde pública durante os últimos 15 anos”

Dr. Jessie Pardif. Discurso de apertura do Congreso de Cidades. Viena, 1988

 

Na xornada "A saúde en todas as políticas", vanse presentar diferentes proxectos e experiencias que se están a desenvolver en diferentes comunidades autónomas e nalgúns concellos de Galicia.

Ademais destes proxectos que figuran no programa, outros programas están a traballar en actividades con enfoque poboacional e con impacto na saúde na súa contorna con moi bos resultados. E outros concellos teñen novas ideas e andan á procura de aliados con que traballar de forma conxunta.

Esta xornada quere axudar a dar difusión a estes proxectos, actividades ou ideas, por isto haberá un espazo e un tempo reservados nos que se poderán presentar de forma breve (10 minutos).

Os concellos ou entidades interesados/as en presentar os seus proxectos deberán remitir o seguinte formulario á Secretaría técnica do Congreso (xornada.saude.local@sergas.es) antes do 18 de setembro de 2017.