MEDIDAS DE PROTECCIÓN FRONTE AOS MOSQUITOS DO XÉNERO AEDES
(INCLUÍDO O MOSQUITO TIGRE – AEDES ALBOPICTUS)
Os mosquitos do xénero Aedes poden transmitir, entre outras, enfermidades como dengue, chikungunya, Zika ou febre amarela. Polo tanto, antes de viaxar a zonas de risco hai que informarse ben sobre as medidas que nos permitan protexernos fronte a estas e outras enfermidades nos puntos de atención ao viaxeiro. Así mesmo, compre recordar que xa se detectou o mosquito tigre (Aedes albopictus) nalgún municipio da nosa comunidade, polo que estas recomendacións tamén poden ser de utilidade en Galicia.
RECOMENDACIÓNS PERSOAIS PARA EVITAR AS PICADURAS DE MOSQUITOS |
- Usar repelentes autorizados e activos fronte mosquitos (ver apartado específico).
- Vestir roupa de manga longa cando se estea no exterior, preferiblemente de cores claras e tecidos naturais. Usar tamén calcetíns e calzado pechado.
- Usar insecticidas como a permetrina para tratar a roupa [ligazón] ou adquirir roupa xa tratada. Non usar nunca os insecticidas directamente sobre a pel.
- Manter unha boa hixiene persoal, evitando perfumes e produtos cosméticos con olores intensos.
- Seguir estar medidas durante todo o día, especialmente ao amencer e anoitecer. |
RECOMENDACIÓNS AMBIENTAIS PARA EVITAR AS PICADURAS DE MOSQUITOS |
- Aloxarse en lugares con mallas mosquiteiras en portas e ventás. No seu defecto, mantelas pechadas usando mosquiteiros para durmir (tratalos con permetrina fainos máis eficaces).
- Usar aire acondicionado se é posible.
- Usar ventiladores para xerar correntes de aire.
- Usar insecticidas para interiores (difusores eléctricos ou nebulizadores).
- Evitar lugares próximos a augas estancadas por máis dunha semana. |
ESTAS RECOMENDACIÓNS DEBEN SEGUIRSE: |
Cando se viaxe ou resida nunha área onde o mosquito está presente. Pode consultar as zonas de risco para cada enfermidade e a documentación específica na seguinte [ligazón]. |
|
USO DE REPELENTES E INSECTICIDAS:
- Usar repelentes/insecticidas seguindo sempre as indicacións do fabricante, tanto para repelentes como para insecticidas.
- Fixarse no tempo de duración, podendo ser necesarias novas aplicacións (non reaplicar máis do recomendado).
- Revisar a información, dado que algúns produtos poden disolver tecidos sintéticos e plásticos.
Ter en conta que os repelentes:
- Só deben usarse sobre pel exposta, nunca baixo a roupa.
- Non deben usarse sobre mucosas, ollos, labios nin pel sensible, queimada ou con feridas.
- Para aplicar na cara, usar as mans evitando a pulverización directa do rostro.
- Cando se presentan en forma de pulseira/xeonlleira, baséanse na difusión de sustancias activas volátiles no entorno próximo, polo que so protexen a zona na que se usan.
- As mulleres embarazadas non teñen que seguir recomendacións diferentes. En caso de lactancia, lavar mans e peitos antes da toma.
Uso de repelentes en nenas/os pequenas/os:
- Revisar a ficha técnica do produto.
- Aplicar por parte dun adulto ou coa súa supervisión.
- De non ser posible o seu uso, valorar o uso de mosquiteiros.
SUSTANCIA |
EFICACIA |
CONCENTRACIÓN |
DURACIÓN |
SEGURIDADE |
OBSERVACIÓNS |
DEET |
Maioría de insectos e arácnidos |
20-50%
|
Proporcional á dose
(6-13h) |
Na Unión Europea NON se recomenda en <2 anos |
As concentracións >50% aumentan os efectos adversos sen mellorar a protección |
Aplicar 30-60 minutos antes o protector solar para non reducir a súa eficacia |
IR3535 |
Mosquitos, carrachas e moscas |
20% |
Consultar envase |
Seguro, pero só debe aplicarse unha vez ao día en <3.5 anos |
Só debe aplicarse en mans, brazos, pernas e cara. |
Aplicar 30-60 minutos antes o protector solar para non reducir a súa eficacia |
Icaridin |
Mosquitos, carrachas e moscas |
20% |
6h para mosquitos Aedes, Culex e Anopheles |
NON recomendado en <3 anos |
Non dana plásticos nin tecidos. |
Citridiol |
Moitos insectos e arácnidos |
30% |
4-6h para mosquitos Aedes, Culex e Anopheles |
NON recomendado en <3 anos |
Olor agradable |
* Dispón de máis información sobre os biocidas autorizados en España na seguinte ligazón. |