Programa galego de detección precoz do cancro de cérvix

Programa galego de detección precoz do cancro de cérvix

 
 
 Programa galego de detección precoz do cancro de cérvix

 

A Consellería de Sanidade ten en marcha o Programa galego de detección precoz do cancro de cérvix.

O Programa vai destinado ás mulleres de 25 a 65 anos e consiste na realización dun test para detectar infección polo virus de papiloma humano (VPH), causa principal deste cancro. A participación é voluntaria e gratuíta pero é importante para a súa saúde. Infórmese aquí

PARTICIPE NO PROGRAMA A TRAVÉS DO SEGUINTE ENLACE USANDO O SEU CÓDIGO: www.sergas.gal/pccx-acepta

PARTICIPACIÓN MODALIDADE AUTOTOMA: Se xa aceptou participar escollendo a modalidade de “Autotoma” debería recibir un dispositivo no seu domicilio para a recollida da mostra, a cal pode facer vostede mesma de maneira moi sinxela seguindo as seguintes instrucións

PARTICIPACIÓN MODALIDADE CITA CON MATRONA: Se xa aceptou participar escollendo a modalidade de “Cita con matrona” e aínda non dispón da mesma, pode escoller a data que mellor se adapte á súa preferencia a través da web de cita previa do SERGAS https://cita.sergas.gal/ ou mediante a app SERGAS MÓBIL

No caso de embarazo recoméndase realizar o cribado, durante o 1º trimestre da xestación, con toma de mostra por parte dun profesional sanitario (matrona). No caso de atoparse no 2º ou 3º trimestre, recomendámoslle que se poña en contacto co Programa (infocervix@sergas.es) para pospoñer a invitación ata aproximadamente 4 meses despois do parto.

No caso de presentar algún grao de inmunosupresión (VIH, transplante de órgano sólido ou proxenitores hematopoiéticos, lupus eritematoso sistémico ou calquera outra patoloxía que curse con tratamento inmunosupresor), é importante que o notifique ao Programa para poder adecuar o seu seguimento.

Se ten algunha dúbida ou precisa máis información, pode trasladarnos as súas peticións a través de dito enderezo electrónico infocervix@sergas.es​​​​​​​​