Exposición sexual de maior risco fronte ao VIH
A exposición sexual de maior risco fronte ao VIH é a penetración anal sen preservativo, especialmente se hai exaculación no interior do recto.
Actuación perante unha exposición de alto risco
Despois dunha penetración anal sen preservativo, a persoa penetrada non debe facer lavado rectal. O home que penetrou debe lavar o pene con auga e xabrón neutro.
Despois destas actuacións debe acudirse a un Servizo de Urxencias hospitalario o antes posible para que o médico/a valore a posibilidade de iniciar a profilaxe post-exposición non ocupacional (PPENO).
Que é a PPENO
É un tratamento antirretroviral para previr a infección polo virus de inmunodeficiencia humana (VIH) cando se produciu unha exposición de alto risco.
Características da PPENO
É unha medida de carácter excepcional.
Cada exposición de risco debe individualizarse e valorarse dentro dunha actuación médica integral.
A decisión de indicar a PPENO debe ser acordada polo médico/a e a persoa implicada despois de valorar os beneficios e os inconvenientes.
Precisa de consentimento informado.
Cando iniciar la PPENO
Se se indica a PPENO debe comezarse, se é posible, antes das 6 horas despois da exposición de risco, e sempre, antes das 72 horas.
Recomendacións despois dunha exposición de risco
Realizar a proba do VIH e, en caso de resultado negativo, debe repetirse a proba entre a 4ª-6ª semana e, finalmente, na semana 16ª.
Ademais, tamén se aconsella usar sempre o preservativo nas relacións sexuais e non compartir material de inxección de drogas.