O
planificador de comidas estacional é unha ferramenta dixital de orientación nutricional promovida pola Consellería de Sanidade para facilitar a adopción de hábitos alimentarios saudables e sostibles no día a día. Deseñada para apoiar a cidadanía na organización da súa dieta, a plataforma ofrece:
-Unha programación semanal completa, con propostas nutricionais organizadas de luns a domingo para as catro tomas principais do día (almorzo, xantar, merenda e cea).
-Menús variados e equilibrados con recetas baseadas na dieta mediterránea con un claro protagonismo de froitas e verduras de tempada, legumes, cereais integrais e fontes de proteína de alta calidade.
-Elaboracións sinxelas e prácticas con recetas pensadas para o ámbito doméstico, adaptadas ao ritmo de vida actual e enfocadas a facilitar a compra de ingredientes e reducir o desperdicio alimentario.