O SERVIZO DE INFORMACIÓN DE SAÚDE
Correspóndenlle a realización das seguintes funcións:
a) A análise da información sobre as enfermidades e factores de risco para a saúde, a caracterización do seu comportamento e a elaboración de informes técnicos e estatísticos.
b) A coordinación e o asesoramento sobre a metodoloxía e actividade estatística levada a cabo polas distintas unidades da Dirección Xeral.
c) A colaboración no desenvolvemento de indicadores e bases de datos de interese para a saúde pública, e na súa integración no Observatorio de Saúde Pública de Galicia.
d) A coordinación das peticións e solicitudes en materia estatística recibidas na Dirección Xeral.
e) A xestión do Rexistro de Mortalidade e a colaboración no desenvolvemento do Rexistro Galego de Tumores, entre outros.
f) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.