10/07/2023
- Tras a aprobación, o pasado 4 de xullo, da Orde SND/726/2023 pola
que se declara a finalización da situación de crisis sanitaria
ocasionada pola COVID-19, actualízanse os protocolos e circuítos
relacionados coa COVID-19:
-
A COVID-19 continúa sendo unha enfermidade de declaración obrigatoria (https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2023-15135 -
Título V. Capítulo I. Artículo 208. Modificación del Real Decreto 2210/1995, de
28 de diciembre, por el que se crea la red nacional de vigilancia
epidemiológica). Con todo, a vixilancia do Covid-19 foi integrada na vixilancia
conxunta das Infeccións Respiratorias Agudas (IRAs) que se leva a cabo na rede
asistencial do SERGAS, polo que os hospitais e laboratorios privados NON
deberán declarar os casos illados de Covid-19
-
Os centros sanitarios xa NON precisan continuar declarando a
ocupación hospitalaria nin as necesidades de material relacionados
coa COVID-19 (COVIDMETRICAS e COVID19MATERIAL), posto que decaeu a
declaración ao "Sistema de Información de Capacidad
Asistencial Hospitalaria (SICAH)".
- Os centros sociosanitarios e farmacias NON precisan
continuar declarando os casos COVID-19 diagnosticados nos mesmos. Non obstante,
os HOSPITAIS PRIVADOS e CENTROS SOCIOSANITARIOS RESIDENCIAIS teñen a OBRIGA DE
DECLARAR AS SOSPEITAS DE ABROCHOS DE INFECCIÓN RESPIRATORIA AGUDA relacionados
co seu centro. Dispón das medidas actuais en centros sociosanitarios
residencias no protocolo específico de Vixilancia, prevención e control das
infeccións respiratorias agudas en Galicia - Centros sociosanitarios residenciais
de persoas vulnerables, na seguinte ligazón: https://www.sergas.gal/Saude-publica/Centros-sociosanitarios-residenciais
-
Dispón das medidas preventivas actuais en centros sanitarios de
Galicia na seguinte ligazón:
https://www.sergas.gal/Saude-publica/Medidas-preventivas-centros-sanitarios
-
Dispón dos protocolos específicos de vixilancia, prevención e
control das infeccións respiratorias agudas (IRAs) en Galicia no
apartado específico:
https://www.sergas.gal/Saude-publica/Vixilancia-prevencion-control-IRAs