Notificación casos confirmados COVID - Residencias sociosanitarias

Notificación casos confirmados COVID - Residencias sociosanitarias

Tras a aprobación, o pasado 4 de xullo, da Orde SND/726/2023 pola que se declara a finalización da situación de crisis sanitaria ocasionada pola COVID-19, os centros sociosanitarios e farmacias NON precisan continuar declarando os casos COVID-19 diagnosticados nos mesmos. Non obstante, os CENTROS SOCIOSANITARIOS RESIDENCIAIS teñen a OBRIGA DE DECLARAR AS SOSPEITAS DE ABROCHOS DE INFECCIÓN RESPIRATORIA AGUDA relacionados co seu centro. Dispón das medidas actuais en centros sociosanitarios residencias no protocolo específico de Vixilancia, prevención e control das infeccións respiratorias agudas en Galicia - Centros sociosanitarios residenciais de persoas vulnerables, na seguinte ligazón: https://www.sergas.gal/Saude-publica/Centros-sociosanitarios-residenciais