Notificación probas autotest - Oficinas de farmacia

Notificación probas autotest - Oficinas de farmacia

17/06/2022 - Actualización do formulario de declaración de casos. Mais información nas guías correspondentes


Os autotest non son considerados actualmente proba diagnóstica de infección activa da COVID-19 (PDIA) e, polo tanto, non permiten a confirmación dun caso da COVID-19. Non obstante, a obtención dun resultado positivo nun test de autodiagnóstico implica ser un caso sospeitoso e, con isto, a necesidade de seguir unha serie de recomendacións preventivas: https://www.sergas.gal/Saude-publica/COVID19-Instrucions-sospeitoso-domicilio. Se desexa máis información sobre a vixilancia da COVID-19, pode consultar a seguinte ligazón:  https://www.sergas.gal/Saude-publica/COVID-19-DXSP​​​​