Listaxe orientativa de produtos de hixiene persoal

Listaxe orientativa de produtos de hixiene persoal

Dentífricos: As substancias ou preparados que se aplican na mucosa bucal e/ou nos dentes que, polas súas indicacións, composición ou forma de presentación non poden ser considerados cosméticos, tales como:

• Pastas de dentes
• Colutorios
• Branqueantes dentais
• Goma de mascar ou comprimidos para hixiene bucal
• Produtos hiperfluorados de uso profesional
• Calquera outro produto que poida ser cualificado como tal

Produtos de estética: Os produtos de aplicación na pel que non teñan a consideración legal de cosméticos, medicamentos ou produtos sanitarios, pola súa composición, indicacións, mecanismo de acción, de aplicación ou duración, tales como:

Tintas para tatuaxes
Micropigmentos ou preparados destinados ó maquillaxe permanente e semipermanente
• Mascarillas de abrasión da pel por vía química
• Parches transdérmicos
• Calquera outro produto que poida ser clasificado como tal

Pediculicidas: as substancias ou preparados que sen ter a consideración legal de cosméticos, biocidas, produtos sanitarios ou medicamentos, están destinados a ser aplicados sobre a pel coa finalidade de neutralizar ou eliminar os piollos e/ou sus liendres.

Produtos de hixiene: as substancias ou preparados que sen ter a consideración legal de cosméticos, biocidas, produtos sanitarios ou medicamentos están destinados a ser aplicados sobre a pel ou mucosas do corpo humano coas finalidades que se describen a continuación:

• Hidratantes vaxinais
• Limpadores anais no caso de hemorroides
• Produtos para o masaxe deportivo
• Limpadores nasais
• Limpadores oculares
• Calquera outro produto que poida ser cualificado como tal.