Catálogo de servizos e acreditacións

Catálogo de servizos e acreditacións

O LSPG conta cun amplo catálogo de servizos analíticos tanto microbiolóxicos como físico-químicos nos ámbitos de actuación da seguridade alimentaria e a sanidade ambiental. Realiza as analíticas do Plan Nacional de Investigación de Residuos en produtos de orixe animal e vexetal (PNIR) na Comunidade Autónoma.

O LSPG está acred​itado dende o ano 1998 pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC), segundo a norma UNE-EN ISO/IEC 17025 para a realización de ensaios de produtos agroalimentarios e augas co nº 131/LE324. O Laboratorio dispón dunha lista de ensaios baixo acreditación (LEBA​) segundo o establecido na nota técnica 18 de ENAC, relativa a acreditación por categoría de ensaio.

Ademais, dende o ano 2010, intégranse na acreditación do laboratorio as unidades analíticas de detección de triquina situadas nos establecementos de sacrificio e/ou comercialización de carnes que foron adheridas á rede integrada de laboratorios de diagnóstico de triquina da Comunidade Autónoma de Galicia segundo Orde do 10 de outubro de 2010 (única e exclusivamente para aquelas actividades relacionadas coa realización do ensaio de detección de triquina en carnes segundo Regulamento (UE 2015/1375).


(O alcance técnico da acreditación está permanentemente actualizado na ligazón: www.enac.es)

 

LBSPG.PNG