Información sobre medusas

Información sobre medusas

Que debo facer se me pican?

1. Sae da auga se te estás a bañar e elimina os posibles restos de tentáculos que teñas no corpo. 
   - EVITA o contacto directo coas mans, empregando pinza ou luvas, ou na súa ausencia co bordo dun obxecto ríxido e plano. 
   - NUNCA rasque ou fregue a zona afectada, nin que tampouco  empregue toallas ou area para limpar a ferida, xa que esta presión pode aumentar a liberación de veleno. 
2. Lava a zona afectada con auga do mar limpa, comprobando previamente que esa auga non teña fragmentos de tentáculos.
   - NUNCA se debe lavar a zona afectada con auga doce, pois o cambio de salinidade provoca unha maior liberación de veleno. Tampouco se debe utilizar amoníaco, vinagre ou ouriños. 
3. Depende da especie, se a descoñeces aplica frío sobre a zona da picadura mediante unha bolsa de plástico con xeo, e durante uns 15 minutos. Deste xeito, evitase que o veleno pase á rega sanguínea.  
4. Desinfecta despois a ferida con tintura de iodo para evitar posibles infeccións. Así, coidarase a ferida ata que cicatrice e tentarase evitar outra posible picadura durante o resto do verán, pois as súas consecuencias poden ser moito peores ao quedar o corpo sensibilizado ao veleno.
 
Lembra:
  • Se hai servizo de socorrismo na praia, acude a el.
  • No caso de padecer síntomas xerais como náuseas, vómitos, mareos, cambras musculares, dor de cabeza, ou dificultade para respirar, deberase acudir ao centro sanitario máis próximo ou chamar ao 112.