FONDO DE COMPENSACIÓN VÍTIMAS AMIANTO

FONDO DE COMPENSACIÓN VÍTIMAS AMIANTO

COMPENSACIÓN ECONÓMICA ÁS VÍTIMAS DO AMIANTO 
 
A Lei 21/2022, do 19 de outubro, de creación dun fondo de compensación para as vítimas do amianto, foi publicada o 20 de outubro de 2022. Nela establecíase un fondo para as vítimas de amianto, desenvolvido o mércores 18 de xuño de 2025, no Real Decreto 483/2025, do 17 de xuño, polo que se establecen os requisitos e regúlase o procedemento para recoñecer o dereito á compensación económica para as vítimas do amianto, que entrou en vigor o 18 de setembro de 2025.
 
Para conseguir esta compensación económica as persoas beneficiarias deben, en primeiro lugar solicitar o certificado de patoloxías derivadas da exposición ao amianto ao Equipo de Valoración de Vítimas do Amianto (EVVA), cubrindo a solicitude ao final desta páxina que contén tamén o Consentimento Informado, cuxa información atópase noutro apartado ao final da páxina e remitilo electrónicamente a través do procedemento PR004A ou presencialmente en calquer rexistro habilitado. Unha vez obtido este certificado, debe solicitar a prestación económica no Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), na seguinte ligazón.
 
Neste momento esta compensación económica só será aboada especificamente aos afectados cunha incapacidade permanente pola exposición ao amianto. Outros beneficiarios, quedarán condicionados aos efectos que determinen as sucesivas leis de orzamentos xerais do Estado.
 
No caso de necesitar algunha información pode pórse en contacto con nos na caixa de correos:  SaudeLaboralSP@sergas.es