F.A.Q.

F.A.Q.

DESCARGA E INSTALACIÓN EN WINDOWS

• Descarguei Epidat 4.2 da web e cando intento executar o arquivo Epidat.jar  non se abre o programa, que podo facer?

Este problema pode deberse a varias cuestións:

1. Antes de executar o arquivo Epidat.jar é necesario descomprimir o arquivo .zip que se descarga da web. Se abre o arquivo .zip para explorar o seu contido e intenta executar Epidat.jar  dende esa ventá, non se abrirá o programa.

 2. Para que Epidat 4.2 arranque correctamente é necesario ter instalado Java 6.0 Update 18 ou unha versión superior. Pode comprobar cal é a versión de Java instalada no seu ordenador abrindo un terminal (Inicio -> Todos los programas -> Accesorios -> Símbolo del sistema) e tecleando java –version. Se precisa actualizar Java pode facelo en https://www.java.com/es/download/manual.jsp.

 3. Se o programa predeterminado para abrir os arquivos .jar non é Java, epidat.jar non se executará correctamente. Para solucionalo, debe pinchar no arquivo epidat.jar co botón dereito do rato, elexir a opción “Abrir con” e establecer como programa predeterminado “Java(TM) Platform SE binary”, ou algo semellante, marcando a opción de usar sempre o programado seleccionado para abrir este tipo de arquivos.

 

• Descarguei Epidat 4.2 da web fraccionado en varios arquivos, como podo descomprimilos e restaurar a carpeta do programa?

Debe copiar os 7 arquivos .zip que se descargan da web na mesma ruta ou carpeta, e descomprimir o primeiro deses arquivos (Epidat42.part01.rar).

 

• Descarguei Epidat 4.2 da web e xa tiña a versión 4.0  e/ou 4.1 no ordenador, teño que borrar as versións previas antes de copiar a nova versión?

Como Epidat 4.2 é unha versión mellorada e ampliada de Epidat 4.0 e 4.1 non é necesario ter descargadas no ordenador varias versións de Epidat 4, pero non é imprescindible borrar as versións previas cada vez que se actualice o programa. Tan so é preciso gardar cada versión nunha carpeta diferente.

 

DESCARGA E INSTALACIÓN EN LINUX

• Descarguei Epidat 4.2 da web e cando intento executar o arquivo Epidat.jar  non se abre o programa, que podo facer?

Este problema pode deberse a varias cuestións:

1. Antes de executar o arquivo Epidat.jar  é necesario descomprimir o arquivo .zip que se descarga da web. Se o seu navegador permite explorar directamente arquivos .zip, é posible que desde esta vista non se abra o programa.

2. Para que Epidat 4.2 arranque correctamente é necesario ter instalado Java 6.0 Update 18 ou unha versión superior. Pode comprobar cal é a versión de Java instalada no seu ordenador abrindo un terminal e tecleando java –version. Se precisa actualizar Java pode facelo en https://www.java.com/es/download/manual.jsp.

3. É posible que, baixo determinadas configuracións de OpenJRE ou OpenJDK (tanto na versión 6 como na 7), Epidat 4.2 non funcione correctamente baixo Ubuntu ou Debian. A solución máis sinxela consiste en instalar Oracle Java (poden convivir os dous Java na mesma máquina).

4. Se persiste o problema tras comprobar os puntos 1-3, ten que entrar na carpeta do programa, editar as propiedades do arquivo Epidat.bat (botón dereito do rato, Propiedades) e indicar que o arquivo é executable. A continuación, pode abrir o programa executando Epidat.bat. En caso de que este último paso non funcione, debe abrir un terminal, situarse na carpeta do programa e escribir o seguinte comando (respectando signos e maiúsculas): ./Epidat.bat

 

• Descarguei Epidat 4.2 da web fraccionado en varios arquivos, como podo descomprimilos e restaurar a carpeta do programa?

Debe copiar os 7 arquivos .zip que se descargan da web na mesma ruta ou carpeta, e descomprimir o primeiro deses arquivos (Epidat42.part01.rar).

 

• Descarguei Epidat 4.2 da web e xa tiña a versión 4.0 e/ou 4.1 no ordenador, teño que borrar as versións previas antes de copiar a nova versión?

Como Epidat 4.2 é unha versión mellorada e ampliada de Epidat 4.0 e 4.1 non é necesario ter descargadas no ordenador varias versións de Epidat 4, pero non é imprescindible borrar as versións previas cada vez que se actualice o programa. Tan so é preciso gardar cada versión nunha carpeta diferente.

 

DESCARGA E INSTALACIÓN EN MAC

• Descarguei Epidat 4.2 da web e cando intento executar o arquivo Epidat.jar  non se abre o programa, que podo facer?

Este problema pode deberse a dúas cuestións:

1. Antes de executar o arquivo Epidat.jar  é necesario descomprimir o arquivo .zip que se descarga da web. Se abre o arquivo .zip para explorar o seu contido e intenta executar Epidat.jar dende esa ventá, non se abrirá o programa.

2. Para que Epidat 4.2 arranque correctamente é necesario ter instalado Java 6.0 Update 18 ou unha versión superior. Pode comprobar cal é a versión de Java instalada no seu ordenador abrindo un terminal e tecleando java –version. Se precisa actualizar Java pode facelo en https://www.java.com/es/download/manual.jsp.

 

• Descarguei Epidat 4.2 da web fraccionado en varios arquivos, como podo descomprimilos e restaurar a carpeta do programa?

Debe copiar os 7 arquivos .zip que se descargan da web na mesma ruta ou carpeta, e descomprimir o primeiro deses arquivos (Epidat42.part01.rar).

 

• Descarguei Epidat 4.2 da web e xa tiña a versión 4.0 e/ou 4.1 no ordenador, teño que borrar as versións previas antes de copiar a nova versión?

Como Epidat 4.2 é unha versión mellorada e ampliada de Epidat 4.0 e 4.1 non é necesario ter descargadas no ordenador varias versións de Epidat 4, pero non é imprescindible borrar as versións previas cada vez que se actualice o programa. Tan so é preciso gardar cada versión nunha carpeta diferente.

 

CONFIGURACIÓN DO IDIOMA

• Por que non se cambia o idioma de Epidat a pesar de reiniciar o programa?

Para poder cambiar a configuración do idioma, Epidat precisa crear ou modificar o arquivo language.properties  da carpeta do programa. Por esta razón, é imprescindible que a ubicación onde se copia Epidat teña permisos de escritura. En caso contrario, Epidat non cambiará o idioma aínda que se reinicie.

 

• Por que a opción de Abrir... do menú Arquivo  non me permite abrir a miña base de datos?

Para empezar a traballar con Epidat é necesario abrir primeiro a opción que se quere utilizar dentro do módulo desexado, a diferenza de outras aplicacións nas que o primeiro paso consiste en abrir o arquivo de datos. En Epidat, as opcións do menú Arquivo  so permiten manexar (abrir, gardar,...) os resultados obtidos co programa.so permiten manexar (abrir, gardar,...) os resultados obtidos co programa.

 

• Durante unha sesión de traballo con Epidat produciuse un erro e o programa mostrou unha mensaxe que non aclara cal é o problema, que podo facer?

Debe contactar con soporte.epidat@sergas.es indicando, o máis claramente posible, como se produciu o problema: en que ventá concreta e en que paso (carga de datos, proceso de cálculo, ...). Tamén debe xuntar á mensaxe o arquivo epidat.log  da carpeta do programa e indicar, se é posible, o día e hora de ocorrencia do erro.

 

• Por que non consigo abrir dende Epidat 4.2 un arquivo de resultados (.epi) gardado previamente?

Este problema pode deberse a dúas cuestións:

1. Se o arquivo foi creado coas versións previas de Epidat, 4.0 ou 4.0.1, non é posible abrilo dende Epidat 4.2 porque se cambiou o xeito de gardar os resultados para evitar problemas que ocorrían con esas versións. Este cambio realizouse na versión 4.1 polo que non debería haber problemas para abrir, en Epidat 4.2, un arquivo de resultados creado coa versión 4.1.

2. Se o arquivo .epi ten un tamaño moi grande, aínda que se creara con Epidat 4.2, pode ocorrer que o programa se quede bloqueado e non sexa posible abrir o arquivo. Este problema, que xa ocorría en versións anteriores, intentouse resolver, pero pode persistir con tamaños demasiado grandes.