Enfermidade meningocócica

Enfermidade meningocócica

A Enfermidade meningocócica ten dúas formas clínicas, a septicemia e a meninxite. O seu axente etiloóxico é a Neisseria meningiditis (meningococo), unha bacteria que se subdivide en diversos serogrupos, dos que os denominados B e C son os únicos que teñen importancia en Galicia. Máis información sobre a enfermidade pódese consultar na ligazón Folleto informativo.

Na actualidade o calendario de vacinacións de Galicia inclúe a vacina fronte á enfermidade meningocócica debida ao serogrupo C, mentres a vacinación fronte o serogrupo B resérvase para certas situacións que se poden consultar na ligazón Protocolo de vixilancia e control en Galicia.

Nesta ligazón pódense consultar tamén as recomendacións de vacinación fronte os serogrupos raros ou ausentes en Galicia (A, W135, e Y) e as recomendacións de quimioprofilaxe para cando ocorre un caso da enfermidade.

Para rematar, na ligazón "Situación actual" pódese consultar o número de casos de enfermidade meningocócica ocorridos en Galicia no que vai de tempada, e en "Antecedentes" os ocorridos tempadas previas. Os datos de "Situación actual" actualízanse mensualmente e os de "Antecedentes" a finais do mes de abril.​​