Con motivo da celebración do Día Mundial da Sida que se celebra o 1 de decembro, o Plan SexSan 2026-2030 desenvolve unha campaña divulgativa en entidades que traballan no eido do VIH/sida e outras ITS. Esta campaña enmárcase dentro da campaña de ONUSIDA e o seu obxectivo é concienciar á poboación galega da transcendencia desta enfermidade e da importancia do respecto dos dereitos das persoas afectadas. Nesta campaña distribúense preservativos, carteis, adhesivos co lazo vermello e folletos con información preventiva do VIH/sida.