Cosmetovixilancia

Cosmetovixilancia

A cosmetovixilancia é a actividade destinada á recollida, avaliación e seguimento da información sobre os efectos non desexados observados como consecuencia do uso normal ou razoablemente previsible dos produtos cosméticos.

 

Que é un efecto non desexado relacionado co uso dun produto cosmético?

O Regulamento 1223/2009 sobre produtos cosméticos establece, no seu artigo 2.o, que un efecto non desexable é “Unha reacción adversa para a saúde humana atribuíble á utilización normal ou razoablemente previsible dun produto cosmético”.

 

Que é un efecto grave non desexado relacionado co uso dun produto cosmético?

O Regulamento 1223/2009 sobre produtos cosméticos establece, no seu artigo 2.p, que un efecto non desexado é unha reacción adversa para a saúde humana atribuíble á utilización normal ou razoablemente previsible dun produto cosmético que produce un dos seguintes criterios de gravidade:

- Incapacidade funcional temporal ou permanente.
- Discapacidade.
- Hospitalización.
- Anomalías conxénitas.
- Risco inmediato para a vida.
- Morte.

 

Como se comunica?

Lembre que os efectos non desexados atribuíbles á utilización normal ou razoablemente previsible dun produto débense comunicar ó Sistema Español de Cosmetovixilancia a través da seguinte ligazón: https://www.aemps.gob.es/vigilancia_cphp_notifica_efectos_no_deseados_cosmeticos/

Os consumidores e os profesionais que utilizan ou aplican produtos cosméticos poden notificalos de maneira voluntaria. A súa colaboración é esencial para a detección de potenciais riscos dos produtos cosméticos.

As persoas responsables, os distribuidores e os profesionais sanitarios (médicos, odontólogos, farmacéuticos, enfermeiros, etc.) teñen a obrigación de notificar os efectos graves non desexados.

Tamén poden notificar voluntariamente efectos non desexados que non cumpran criterios de gravidade.

Se es unha persoa responsable e distribuidor de produtos cosméticos, a comunicación aquí remítese a la AEMPS, a través da caixa de correos cosmetovigilancia@aemps.es

Se es profesional sanitario, a comunicación aquí, remítese ao punto de cosmetovixilancia da comunidade autónoma servizo.sanidade.ambiental@sergas.es

Se es cidadán e/o profesional que utiliza ou aplica produtos cosméticos (perruqueiros, esteticistas, etc.), a comunicación aquí, pódese enviar á AEMPS, a través da caixa de correos cosmetovigilancia@aemps.es ou ao punto de cosmetovigilancia da comunidade autónoma servizo.sanidade.ambiental@sergas.es