Convocatoria Premios Galegos VIH e outras ITS

Convocatoria Premios Galegos VIH e outras ITS

CONVOCATORIA DOS PREMIOS GALEGOS DO VIH E OUTRAS ITS 2024.

Os premios constan de catro categorías:
 
Categoría 1: Premios á investigación sobre o VIH e outras ITS 2024.
Destinados aos asinantes dos mellores artigos publicados no ano 2023.
O proceso de selección de artigos realizarase a través da busca en bases de datos bibliográficas. Outorgarase un primeiro e segundo premio.

Categoría 2: Premios aos mellores proxectos educativos en ITS 2024.
Prémianse os mellores traballos realizados, no curso 2023-2024 por equipas de centros educativos galegos dentro do Programa Xente con Don. Outorgarase un primeiro e segundo premio.

Categoría 3: Premio á mellor intervención sanitaria sobre o VIH e outras ITS 2024.
Prémiase a mellor intervención sanitaria, sobre o VIH e outras ITS, desenvolta en Galicia por organismos sanitarios ou sociedades científicas durante o ano 2023.

Categoría 4: Premio á mellor intervención social sobre o VIH e outras ITS 2024.
Prémiase a mellor actividade, formativa, divulgativa, preventiva sobre o VIH e outras ITS, realizada por entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro no ámbito social ou sociosanitario en Galicia durante o ano 2023.

* Os premios das categorías 3 e 4, outorgaranse previa presentación de candidaturas das persoas, equipas ou entidades interesadas ou por terceiras persoas que as avalen.