Cátedra de Vida Saudable

Cátedra de Vida Saudable

A Universidade de Santiago de Compostela, co impulso da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, crea a Cátedra de Vida Saudable dedicada á promoción de hábitos de vida saudables entre a poboación galega.

​O ​convenio entre a Consellería de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela aportará unha perspectiva científica para a vixilancia periodica do sobrepeso, a obesidade e os cambios no comportamento relacionados cos seus factores protectores e de risco na nosa contorna. 

A Cátedra será unha ferramenta fundamental para coñecer o contexto no que nos atopamos en Galicia, establecendo deste xeito as accións e indicadores que mellor se adapten en cada momento á poboación. Permitirá desenvolver novas liñas de investigación sobre hábitos de vida saudable e permitirase a difusión do coñecemento e a capacitación dos individuos en materia de promoción de saúde, poñendo en valor a súa iniciativa como promotores de saúde.