BIOCIDAS AUTORIZADOS: información sobre repelentes e insecticidas

BIOCIDAS AUTORIZADOS: información sobre repelentes e insecticidas

Os biocidas requiren dunha autorización para poder ser comercializados e as súas substancias activas teñen que ser aprobadas ou ben estar incluídas no programa de revisión para ser avaliadas a nivel comunitario. A poboación xeral debe saber que ao adquirir un repelente/insecticida debe comprobar que este figure debidamente rexistrado/autorizado comprobando a súa etiqueta. Pola súa banda, os profesionais que desexen obter información sobre estes productos poderán obtela seguindo as instruccións que se detallan a continuación: 

REGISTRO PLAGUICIDAS NO AGRÍCOLAS O BIOCIDAS.png


PRODUCTOS BIOCIDAS INSCRITOS EN EL REGISTRO OFICIAL DE BIOCIDA.png



NOTA IMPORTANTE: os biocidas que conteñan substancias activas NON aprobadas para o tipo de produto en cuestión pero que se atopen en período de avaliación a nivel comunitario, poden ser comercializados de acordo á normativa nacional existente. Polo tanto, cando estean autorizados (Real Decreto 3349/1983) ou notificados (disposición transitoria segunda del Real Decreto 1054/2002) á espera de decisión definitiva sobre a súa aprobación, as medidas transitorias no Regulamento (UE) Nº 528/2012 permite que poidan existir produtos comercializados no mercado que non figuren nos rexistros previos. Pódense consultar aquí os productos biocidas en período transitorio.