Nesta guía ilústrase, mediante un deseño moi sinxelo, o que é un contido "alto", "baixo" ou "medio" en graxas totais, saturadas, azucres simples engadidos e sal (ou sodio segundo etiqueta). O consumo excesivo destes nutrientes pode ter repercusións negativas para a saúde.