Alertas de cosméticos

Alertas de cosméticos

Co fin de facilitar a transmisión da información en materia de seguridade dos cosméticos, o Real Decreto 85/2018, do 23 de febreiro, polo que se regulan os produtos cosméticos regula no seu artigo 14 a Rede de Alerta Nacional de Produtos Cosméticos.

Esta comunicación realizase trimestralmente, a través do Boletín trimestral sobre produtos sanitarios e cosméticos da AEMPS, que pode consultar a través da seguinte ligazón: https://www.aemps.gob.es/productos-sanitarios/productossanitarios_prodsanitarios/boletintrimestral-de-la-aemps-sobre-productos-sanitarios-y-cosmeticos/

Ademais, neste espazo farase a difusión das alertas comunicadas tanto pola autoridade competente en Consumo como da AEMPS sen menoscabo de utilizar outros medios de comunicación e/ou difusión para chegar de forma máis efectiva á poboación.​​