O obxecto deste documento é definir a sistemática para a elaboración, codificación, revisión, aprobación, difusión e control da documentación do Sistema de Xestión da Prevención do Servizo Galego de Saúde.
Establecer os criterios xerais a aplicar no marco do programa informático PREVENCS/32 en relación á realización da avaliación de riscos, tanto no que se refire ao contido da mesma como á metodoloxía e sistema de elaboración, así como á planificación da actividade preventiva no servizo Galego de Saúde.
O obxecto deste procedemento é establecer as directrices para a consulta e participación dos traballadores en materia de prevención de riscos laborais no Servizo Galego de Saúde.
O obxecto deste documento é o establecemento dun procedemento unificado para a notificación interna, investigación e rexistro dos incidentes e danos a saúde de orixe laboral dos/as profesionais do Servizo Galego de Saúde no marco da aplicación informática Preven-Xesd@ habilitada a tal efecto.
O obxecto deste procedemento é establecer os mecanismos de actuación para realizar as avaliacións internas en materia de prevención de riscos laborais, detectando non conformidades, co fin de verificar o correcto funcionamiento do sistema de xestión deprevención de riscos (SXPRL).
O obxecto deste procedemento é definir a sistemática para a definición, implantación e seguimento das accións tomadas pola organización para a eliminación das causas das non conformidadesreais (Accións Correctivas) ou potenciais (Accións Preventivas) do sistema de xestión de prevención de riscos laborais.
O obxecto deste procedemento é establecer os mecanismos de actuación para a revisión do Sistema de Xestión de Prevención de Riscos Laborais (SXPRL) por parte das correspondentes xerencias das estructuras de xestión e da dirección do Servicio Galego de Saúde.
O obxectivo do presente documento é definir e establecer a sistemática de actuacións a realizar tras dun incidente de violencia ocupacional de orixe externo.
O obxecto deste documento é o establecemento de obxectivos do Sistema de Xestión de Prevención de Riscos Laborias no Servizo Galego de Saúde.