Trátase do I Plan de Igualdade que se aproba no Servizo Galego de Saúde. O Plan conta co apoio de todas as organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial de Sanidade CIG, CCOO, CSIF, SATSE e UGT.
Apróbase logo de dous anos de traballos realizados no seo da Comisión de Igualdade en aras de acadar a integración do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no SERGAS e, particularmente, nas políticas de xestión de recursos humanos.
Este caixón de suxestións está xestionado pola Dirección Xeral de Recursos Humanos, co fin de que o persoal da Organizacion achegue aportacións e medidas de interese para acadar a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes no Servizo Galego de Saúde.
Publicado no Diario Oficial de Galicia nº202 do Mércores, 20 de outubro de 2021.
Mobilidade por protección fronte á violencia de xénero (Procedemento e Anexo)
Video presentación do I Plan de Igualdade