INFORMACIÓN DOS PROCESOS SELECTIVOS NO SISTEMA PÚBLICO DE SAÚDE DE GALICIA
Información das convocatorias dos procesos selectivos derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
O Diario Oficial de Galicia publicou os días 4 e 5 de xaneiro as resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde coas convocatorias dos procesos selectivos polos sistemas de concurso-oposición e concurso de méritos para o acceso a condición de persoal estatutario fixo de 105 categorías de persoal estatutario.
CONCURSO OPOSICIÓN: Nomeamento e adxudicación de destino definitivo nas categorías de técnico/a superior en hixiene bucodental e técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico.
RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, (DOG núm. 192 do 6 de outubro) pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a superior en hixiene bucodental e técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, convocado pola Resolución do 14 de decembro de 2022
Prazo de toma de posesión: Do 07/10/2025 ao 06/11/2025, ambos os días incluídos.
CONCURSO DE MÉRITOS:
Nomeamento e adxudicación de destino definitivo en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional.
RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, (DOG núm. 192 do 6 de outubro) pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional, convocado pola Resolución do 26 do decembro de 2022
Prazo de toma de posesión: Do 07/10/2025 ao 06/11/2025, ambos os días incluídos.