Existen dous medios para realizar o pagamento das taxas:
A TRAVÉS DE FIDES:
Unha vez que teña a solicitude de participación nun proceso en estado CONFIRMADA, pode acceder á pasarela de pago electrónico de taxas, premendo na icona con forma de tarxeta de crédito que aparecerá á beira da súa solicitude, no apartado de procesos do Expedient-e.
O sistema abrirá unha nova pantalla que mostrará o pago elixido no formulario de inscrición, xunto co importe que deberá aboar. Nesta modalidade non é preciso introducir os códigos asociados á taxa, xa que se cargan automaticamente. Efectuado o pago, quedará visible no FIDES o xustificante de pago válido correspondente (o Modelo 730).
É importante ter en conta que, se a operación remata co Modelo 739, non válido como acreditativo do pago, debe introducir o código NRC da operación para completar o proceso. Nalgúns casos, pode non excluír a necesidade de consultar coa súa entidade financeira para obtelo.
A TRAVÉS DA AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA:
PRESENCIAL:
Para realizar o pago de xeito presencial, debe obter o modelo de autoliquidación de taxas en branco (Modelo AI) na páxina web da Oficina Virtual tributaria, e cubrilo cos seus datos persoais, o importe total da taxa e os códigos indicados máis abaixo nesta mesma páxina. O dito impreso de autoliquidación tamén pode ser solicitado polas persoas interesadas nos centros da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde. Na seguinte ligazón pode consultar a listaxe de Entidades financeiras colaboradoras autorizadas para este tipo de pago presencial.
Tamén pode xerar informaticamente o modelo de autoliquidación cos seus datos persoais xa cubertos (Modelo 731), para posteriormente efectuar o pago presencial nalgunha das entidades financeiras colaboradoras indicadas no punto anterior.
TELEMÁTICO:
Mediante o cargo en conta, tarxeta de crédito/débito ou Bizum. Neste caso, as entidades colaboradoras e a forma de pago pode variar en función do tipo de acceso (con/sen certificado dixital ou CHAVE365). Pode consultar as entidades na seguinte ligazón.