Autoliquidación de taxas

Autoliquidación de taxas

Existen dúas vías para realizar o pago das taxas:
A TRAVÉS DE FIDES:
 
Para realizar o pago por esta vía, logo de ter CONFIRMADA a solicitude de participación nun proceso, poderá acceder ao módulo de pago electrónico de taxas premendo na icona da tarxeta de crédito que aparecerá á dereita do resumo da solicitude no apartado de Procesos do Expediente-e.
 
Abrirase unha pantalla que amosará o tipo de pago da taxa elixido no formulario de inscrición, xunto co importe que o aspirante deberá aboar. Nesta modalidade non é preciso introducir os códigos asociados á taxa correspondente, xa que o sistema cargaraos automaticamente. Logo de encher o primeiro impreso (modelo 739) e efectuado o pago presencialmente na entidad bancaria, facilitaranlle o código autonumérico ou NRC para poder completar, xerar e imprimir o xustificante válido de ter aboado a taxa (modelo 730).
 
É importante ter en conta que este procedemento de pago telemático a través de Fides, pode non excluír a necesidade de ir á entidade financeira autorizada, ademais de ter que completarse en dous pasos (cando a entidade bancaria lle facilite o código NRC da operación).
 
A TRAVÉS DA OFICINA VIRTUAL DA AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA:
 
Na sección Pago de Taxas e Prezos, na Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia, poderá efectuar o pago:
 
DE XEITO PRESENCIAL:
Mediante a descarga en branco do Modelo AI. Para realizar o pago de forma presencial por esta vía, deberá obter o modelo de autoiquidación de taxas Modelo AI e enchelo cos seus datos persoais, o importe total e os códigos indicados máis abaixo nesta mesma páxina. O dito impreso tamén pode ser solicitado polas persoas interesadas nos centros da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.
 
Ou ben, mediante a xeración en liña do modelo, cos seus datos persoais xa impresos (Modelo 731). Por esta vía poderá realizar o pago nas entidades colaboradoras autorizadas que se relacionan na seguinte ligazón: Entidades financeiras colaboradoras.
 
DE XEITO TELEMÁTICO:
Mediante o cargo á conta ou con tarxeta. Neste caso, as entidades colaboradoras e a forma de pago poden variar en función do tipo de acceso (con ou sen certificado dixital).