Que é?
É o procedemento para que as mutuas colaboradoras coa Seguridade Social soliciten á Inspección de Servizos Sanitarios a autorización para a realización de probas diagnósticas, consultas e procedementos nos procesos de incapacidade temporal por continxencias comúns nos casos que establece a normativa vixente.
Quen e como se tramita?
Os médicos das mutuas colaboradoras coa Seguridade Social acceden por medio desta páxina web, e cobren o formulario de autorización correspondente.
Os médicos das mutuas deberán dispor de certificado dixital.
Quen e que se autoriza?
A Inspección de Servizos Sanitarios autoriza a realización das probas sempre que se conte co consentimento informado do/a traballador/a e sempre que o centro onde se vai realizar a proba, a consulta ou o procedemento conte coa debida autorización sanitaria.
Os informes correspondentes e os estudos de imaxe, que se realizan con cargo ás mutuas colaboradoras, estarán dispoñibles na historia clínica electrónica do/a traballador/a (IANUS) para a continuidade asistencial dos procesos.
Cales son os circuítos dispoñibles?
Hay catro circuítos:
- Circuíto para a autorización de probas diagnósticas a realizar con cargo ás mutuas colaboradoras en centros que teñan concerto co Sergas.
As mutuas colaboradoras poden solicitar a autorización a través do formulario correspondente das probas diagnósticas que estean pendentes da súa realización logo de seren prescritas polo facultativo do Sergas.
Os centros concertados co Sergas realizarán os estudos. Os informes e probas de imaxe estarán dispoñibles en IANUS para garantir a continuidade asistencial do/a paciente.
- Circuíto para a autorización individual de probas, consultas e procedementos a realizar polas mutuas colaboradoras en centros propios das mutuas colaboradoras.
- Circuíto para a autorización múltiple de probas, consultas e procedementos a realizar polas mutuas colaboradoras en centros propios das mutuas colaboradoras mediante unha única petición.
Deste xeito, a mutua poderá agrupar nunha mesma solicitude as actividades relativas ao proceso de incapacidade temporal, sen ter que tramitar unha petición independente para cada unha delas.
- Comunicación de resultados das actuacións.
As mutuas colaboradoras, unha vez realizada a/as probas, consultas e/ou procedementos autorizados previamente, trasladarán os informes dos estudos realizados, e estes se incorporarán a IANUS, para facilitar a sua consulta e contribuír á continuidade asistencial do/a paciente.