Comunicacion de sospeita de enfermidade profesional

Comunicacion de sospeita de enfermidade profesional

Que é?
Un circuíto para que os médicos do Servizos de Prevención propios e alleos comuniquen as sospeitas de enfermidade profesional á administración sanitaria segundo o establecido no artigo 5 do RD 1299/2006, de enfermidades profesionais.
 
Para que?
Para a súa tramitación pola Inspección de Servizos Sanitarios.
 
Como se comunica?

Os médicos dos Servizos de Prevención acceden a través desta páxina web e cumprimentan o formulario de sospeita de enfermidade profesional. Deberán dispor de certificado dixital.
 
Que se comunica?
A existencia dunha enfermidade profesional recollida no anexo 1 da norma que regula as enfermidades profesionais así como as sospeitas de enfermidades que puideran ter unha orixe profesional que estean incluídas no anexo 2.