Area de Ferrol

Area de Ferrol

A Estratexia de Humanización é un vehículo para canalizar e dar soporte a infinidade de iniciativas que dende hai tempo contribúen a facer máis amable o contacto co sistema sanitario para as persoas usuarias.

Nos diferentes centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde existen proxectos de mellora e humanización desenvolvidos partindo de propostas de profesionais e cidadanía, en distintos niveis de participación, grazas á dedicación e competencia profesional das persoas que traballan no sistema.  
Co fin de unir estratexias, darlle prioridade ás liñas de traballo comúns, despregar accións e homoxeneizar o proceso, levouse a cabo unha análise dos diversos proxectos de humanización da asistencia sanitaria impulsados nas distintas áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde.