Que beneficios ten a CPI

Que beneficios ten a CPI

Este novo enfoque das compras públicas postúlase como unha ferramenta fundamental para o fortalecemento das empresas innovadoras, ao incentivar ao sector privado a realizar propostas de maior valor engadido para dar solución a proxectos estratéxicos da Administración.
  • Mellora os servizos públicos mediante a incorporación de bens ou servizos innovadores.
  • Fomenta a innovación empresarial.
  • Impulsa a internacionalización da innovación empregando o mercado público local como cliente de lanzamento ou referencia.