Presentación plataforma innovación SERGAS

Presentación plataforma innovación SERGAS

A Axencia de Coñecemento en Saúde transforma o modo en que as persoas implicadas no sistema sanitario público galego relaciónanse e participan nel. A través da implantación e xestión dun modelo de innovación aberta e de enfoque social, ábrense oportunidades ilimitadas para que profesionais, pacientes, coidadores, empresas e demais perfís implicados acheguen ideas de mellora baseadas na súa experiencia.
A ferramenta para canalizar estas ideas e convertelas en proxectos con resultados aplicables á realidade cotiá da práctica asistencial é a Plataforma de Innovación Sanitaria. O seu gran reto é introducir cambios de forma áxil, substituíndo procesos pouco eficientes por alternativas de maior calidade e estendéndoos a todo o sistema de saúde.
O obxectivo ultimo da Plataforma de Innovación é xestionar os resultados de innovación sanitaria, enmarcados nun modelo de “innovación aberta” e “innovación social”. Trátase dun modelo de innovación aberta porque, baixo un proceso de xeración de ideas, calquera profesional, usuario ou axente externo pode achegar propostas de mellora capaces de xerar grandes cambios na forma de concibir a organización. É unha innovación social porque o proceso de innovación conta coa visión de deseño de servizos desde o punto de vista do usuario, o paciente é o noso obxectivo.