XEDOC (Plataforma de almacenamento, custodia e xestión da documentación electrónica)

XEDOC (Plataforma de almacenamento, custodia e xestión da documentación electrónica)

  • Trátase dunha plataforma que dota á organización dun almacén documental forte, con dispoñibilidade 24x7, capacidade de crecemento ilimitado e mecanismos eficientes de uso do espazo de almacenamento.
  • Ten unha capa de Custodia Electrónica, compatibilidade con ENI (esquema nacional de interoperabilidade), unha capa de servizos de integración para terceiras aplicacións, unha capa interoperable compatible con HL7 e o perfil XDS de IHE, integración co Sistema de Importación, Exportación e Dicomización de Obxectos Clínicos (SIEDOC), un framework de migración dos almacéns actuais e integración coa plataforma de firma do Servizo Galego de Saúde (FIRMA).
  • O piloto levouse a cabo na EOXI de Pontevedra e o Salnés (circuítos de xeración de documentación clínica na área de atención de urxencias) e na EOXI de Lugo, Cervo e Monforte (dixitalización da documentación clínica en arquivo de historias clínicas en papel)

is-xedoc.png