SIEDOC (Sistema de Importación Exportación e Dicomización de Obxectos Clínicos)

SIEDOC (Sistema de Importación Exportación e Dicomización de Obxectos Clínicos)

  • Trátase dun sistema que permite dixitalizar e almacenar estudos xerados desde diversas orixes (electrocardiógrafos, endoscopios, vídeo en vivo,...) no PACS corporativo (formato DICOM), accesibles desde o sistema de historia clínica electrónica, incluíndo a dixitalización da placa radiológica.
  • Permite importar información clínica dun pacientes en formato dixital, por exemplo imaxes ou informes xerados nun centro externo que se desexen incorporar á historia clínica electrónica do paciente.
  • Tamén fai posible envorcar información da historia clínica electrónica a un soporte físico para entregar ao paciente.
  • O piloto levouse a cabo na EOXI de Vigo (avaliación do sistema e integración de forma transparente cos circuítos de imaxe preexistentes no centro) e na EOXI da Coruña (dixitalización de probas de imaxe radiológica en formato película utilizando escáneres específicos para este tipo de documentos).