INNOVASUMMA

INNOVASUMMA

  • Consiste en desenvolver novos protocolos clínicos que permitan mellorar a segmentación dos pacientes oncolóxicos. En concreto, preténdese incorporar solucións baseadas en sistemas de detección de biomarcadores avanzados de diagnóstico, prognóstico, elección e resposta ao tratamento en patoloxías oncolóxicas que superen os actuais.
  • Está a abrir o camiño a:
    • A administración de terapias personalizadas, capaces de aumentar a efectividade dos tratamentos e a calidade de vida dos pacientes.
    • Unha optimización das probas que hai que realizar aos pacientes e os seus gastos asociados.
    • A introdución na Administración de innovadores mecanismos de compra que aumentan as capacidades dos servizos de contratación do Sergas e posibilitan retornos en forma de royalties que poden reinvestirse en novos proxectos de investigación e innovación.
    • A apertura de novas vías para futuras colaboracións en proxectos de I+D entre os equipos clínicos e os grupos de investigación do Sergas e empresas de alta tecnoloxía do sector biotecnológico.