CESIM (Central de simulación médica avanzada)

CESIM (Central de simulación médica avanzada)

  • Trátase do desenvolvemento dunha contorna de traballo dotado de software e simuladores robóticos de paciente altamente sofisticados, que permitan o adestramento dos profesionais sanitarios.
  • O obxectivo é a adquisición de novas habilidades e competencias e a realización de prácticas con pacientes non reais antes da súa aplicación no escenario asistencial real, minimizando así o risco de cometer erros. O sistema permite centralizar a programación das actividades formativas e os seus resultados.
  • As probas piloto realizáronse nas EOXI de Vigo e Lugo-Monforte-Cervo