SIGUE (Sistema Intelixente de Xeo-localización para Usuarios en Edificios)

SIGUE (Sistema Intelixente de Xeo-localización para Usuarios en Edificios)

  • Trátase dunha app innovadora para dispositivos móbiles (tanto smartphones como tablets) que permite a relación integral da cidadanía (pacientes e/ou acompañantes) cos distintos edificios sanitarios.
  • Os sistemas anteriores estaban limitados a unha geo-localización de edificios desde a web e, nalgúns edificios, a sistemas de encamiñado de pacientes cara ás consultas mediante quioscos e pantallas. Evolución cara a unha plataforma que permite a interacción integral cos edificios sanitarios tanto desde o interior como desde o exterior dos mesmos, permitindo o guiado dos cidadáns cara aos seus puntos de interese no interior dos edificios, a comunicación da posición do cidadán para os efectos de coñecemento por parte do sistema sanitario ou das súas familiares/visitas, así como a oferta á cidadanía de información, servizos,...
  • O piloto levouse a cabo na EOXI de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, na EOXI da Coruña e na EOXI de Lugo, Cervo e Monforte.