LABSEG (Servizo de Laboratorio de Seguridade)

LABSEG (Servizo de Laboratorio de Seguridade)

  • Neste sistema cóbrense as seguintes funcionalidades esenciais:
  • Creación dunha metodoloxía de seguridade (xestión de incidentes; definición dunha arquitectura de seguridade; definición, elaboración e poboación dun cadro de mando; auditorías).
  • Elaboración de guías de seguridade.
  • Elaboración, organización e publicación de contidos dun portal de seguridade.
  • Elaboración dun catálogo de material formativo.
  • En novembro do ano 2015 recoñeceuse o Centro de Resposta a Incidentes como CERT, que é unha marca recoñecida a nivel internacional outorgada pola universidade Carnagie Mellon. É un Centro de Resposta ante Incidentes de Seguridade, de referencia na contorna sanitaria que entre outras actividades desenvolve:
  • Xestión de Vulnerabilidades: unificando as diferentes fontes de alertas de vulnerabilidades, de xeito que simplifique a súa xestión.
  • Xestión de Activos: creando un repositorio onde se atopen os activos físicos e lóxicos, correctamente identificados e actualizados.
  • Xestión de Alertas e Incidentes: establecendo o fluxo e operativa de traballo.
  • Concienciación e comunicados: mellorando o coñecemento acerca da seguridade da información.
  • Pola natureza da solución, está dispoñible un portal específico na páxina web do Sergas: http://labseg.sergas.es 

h2050-labseg.png